Polo correo do vento
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón
Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.
- A esa hora no Valiño
se cadra, a sombra das arbres
morrrera sobre o camiño.. -
Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, aínda verde,
co po da miña emoción.
e, logo, funa botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...
Mostrando entradas con la etiqueta polo correo do vento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta polo correo do vento. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de junio de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)