Revisando os danos
A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
viernes, 17 de junio de 2011
LOIS PEREIRO
Lois Pereiro nace en Monforte en 1958. Realiza estudos de tradu ión en Madrid, cidada á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só 17 anos. Alí mantense economicamente vertendo ao castelán filmes e series para o castelán e series para a televisión.
Porén, en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectos comúns ao grupo que formaba con Manuel Rivas, Antón Patiño ou Xabier Seoane. Co esforzo de todos, naceron as publicacións de pulo innovador, e agora xa míticas como Loia ou Luces de Galiza.
Posteriormente, volta a Galicia, onde continuará co xornalismo e no eido poético participa na publicación colectiva de Amor e desamor e integrase no grupo do mesmo nome. Este feito permite que a xente comece a coñecer a súa obra.
Gana o concurso Nacional de Poesía O Facho: todas as súas creacións poéticas, espalladas en antoloxías, ou publicacións colectivas reúnense en Poemas. 1981/1991. O seu primeiro libro publicado xa reflicte unha tendencia etiquetada como punk, moi presente na súa vida.
En 1995 nace Poesía última de amor e enfermidade. Con só dous libros publicados, xa define un estilo literario curso e tenso, clasificado como de economía expresiva: non se excede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicótomico de realidades elementais (amor/desamor, vida/morte).
Lois Pereiro morre pouco despois, en 1996. Nese ano do seu finamento, o seu irmán Xosé Manuel, fai que saia á luz Poemas para unha Loia, consitutído a partir de composicións da época madrileña, xa publicadas naquela revista Loia, e dun ensaio: "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia".
viernes, 11 de junio de 2010
Aquilino Iglesia Alvariño
Aquilino Iglesia Alvariño naceu no ano 1909 en Seivane, no concello lugués de Abadín. Entrou con catorce anos no Seminario de Mondoñedo, onde compuxo a súa primeira obra poética, Señardá (1930). Tras abandonar os estudos eclesiásticos, estableceuse en Vilagarcía de Arousa como profesor do colexio León XIII, do que se convertería en director e propietario. Porén, Aquilino transladouse a Santiago para cursar Filosofía e Letras, carreira na que se licenciaría en 1944. Alí entrou en contacto coa intelectualidade galeguista do momento e comezou a participar activamente na vida cultural do país. Así, exerceu como director de A Nosa Terra, fundou Renacencia e a seguir retomou a publicación lírica. O segundo libro, Corazón ao vento (1933), desligado do modernismo, entronca co franciscanismo do primeiro poemario e ábrese ás correntes vangardistas.
Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes. Nestes anos a profesión docente levouno a mudar de cidade en varias ocasións. Porén, as súas ocupacións profesionais non impediron que desenvolvese unha intensa actividade noutros campos. Como lingüista especializouse no galego popular e redixiu monografías como A lengua dos poetas do Norte de Lugo, que foi o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1949, que só sería publicado quince anos despois. En 1952 retornou a Compostela, onde permanecería até a súa morte, e alí foi testemuña do abrollar da xeración literaria das Festas Minervais (mesmo colaborou, con diferentes artigos e traducións para o galego de textos grecolatinos, en La Noche). A madurez e personalidade do seu verso, que nunca chegou a abandonar certo eco imaxinista e neotrobadorista, manifestáronse claramente nas seguintes obras: De día a día (1960), Landa de soledá (1961) e Nenias (1961). Iglesia Alvariño, un dos protagonistas da escola paisaxista de Mondoñedo, faleceu en Compostela en 1961. Dous anos máis tarde publicouse, baixo o título de Leva o seu cantare, unha colección de poesías inéditas ou espalladas en diferentes xornais e revistas.
POLO CORREO DO VENTO
Polo correo do vento
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón
Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.
- A esa hora no Valiño
se cadra, a sombra das arbres
morrrera sobre o camiño.. -
Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, aínda verde,
co po da miña emoción.
e, logo, funa botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón
Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.
- A esa hora no Valiño
se cadra, a sombra das arbres
morrrera sobre o camiño.. -
Ao acaba-la canción,
sequei a tinta, aínda verde,
co po da miña emoción.
e, logo, funa botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...
Alvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. Na botica do pai tivo a oportunidade de entrar en contacto coas historias e cos tipos populares do país. En 1922 transladouse a Lugo para cursar o Bacharelato, e despois a Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias e as lecturas antes do que polas aulas. Descubriu así a obra de autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios. Nas tertulias do Derby e do Español coincidirá con García-Sabell, Torrente Ballester, Carvalho Calero, Luis Seoane, Maside, Colmeiro e moitos outros integrantes do movemento artístico compostelán. Estes contactos estimularon a Cunqueiro a tomar consciencia do país e da lingua. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época. Na liña vangardista publicou os poemarios Mar ao Norde (1932), Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933).
Afiliado á Falanxe desde 1937, Cunqueiro exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. En 1944 o réxime retiroulle o carné de xornalista e voltou a Mondoñedo. Comezou neses anos a súa andaina como narrador galego: novelas (Merlín e familia i outras historias, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas) e libros de relatos (Escola de Menciñeiros, Xente de aquí e de acolá...). Tamén retoma a escrita de pezas dramáticas, como O incerto señor Don Hamlet Príncipe de Dinamarca (1958). Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para traballar no xornal Faro de Vigo. Desde 1978, en que gaña unha bolsa vitalicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedrón de Ouro do Patronato Rosalía de Castro, homenaxe pública en Vigo...
A superación do concepto tradicional dos xéneros, a intertextualidade e coherencia do seu universo literario, a recreación de figuras e mitos, o tratamento do elemento popular e a incorporación de técnicas propias da oralidade serán os trazos que identifiquen a produción do multifacetado escritor, nunha magna obra que conforma un corpus inzado de coñecementos etnográficos, plásticos, musicais, filolóxicos e literarios. O seu extraordinario testamento poético ficou recollido baixo o título de Herba aquí ou acolá (1980).
CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén piodera namorala,
meu amigo!
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén piodera namorala,
meu amigo!
LUIS AMADO CARBALLO
Luís Gustavo Amado Carballo figura, xunto con Manuel Antonio e Luís Pimentel, entre os protagonistas da renovación poética do primeiro tercio do século XX. Naceu no ano 1901 en Pontevedra, vila da que nunca se ausentaría por moito tempo e cuxa paisaxe de mariña interior é un referente continuo nos seus versos. Estudou o Bacharelato no Instituto do seu lugar natal e, tras cursar dous anos de Filosofía e Letras na universidade compostelá, regresou a Pontevedra para seguir a carreira de Maxisterio. Durante a súa curta vida, Amado Carballo exerceu como mestre de escola e xornalista, profesións que lle garantiron poder dedicarse sen preocupacións económicas á súa obra de creación.
Co obxectivo de traballar como xornalista, Amado Carballo partiu para Madrid en 1920, onde colaborou no xornal La Tribuna, na revista España e noutras publicacións españolas e galegas. Mais decidiu voltar á súa cidade de orixe e, desde Pontevedra e Vigo, continuar a escribir para diferentes medios galegos (Progreso, La Concordia, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Nós, Vida Gallega, etc.).
A pesar de ser recordado fundamentalmente como poeta, o pontevedrés iniciou a súa andaina na literatura como narrador, coas novelas curtas Maliaxe (1922) e mais Os pobres de Deus (1925), e o conto Un milagre do santo San Francisco.
En 1924, Amado Carballo contrae unha tuberculose pulmonar, o que o forza a abandonar o seu traballo xornalístico en Vigo e retornar a Pontevedra. A súa obra lírica comprende dous poemarios, Proel (1927) e mais O galo (1928). De todos os xeitos, foi un dos poetas que máis influíu nas xeracións posteriores. Está considerado como o creador da denominada escola imaxinista ou hilozoísta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)